Nunca esperei demasiado das recomendacións musicais dos artistas (e máis dos da escea nacional). Sempre hai o risco que a lista sexa máis das de quedar ben (mencionando a outros grupos colegas), das de lucir ben (os típicos grupos referenciales que impresionan) ou das de parecer enteirado (os grupos que están de moda).
A revista 'de tendencias' NúmeroCero comenzou unha serie de mixtapes (recopilatorios, para nos entender), e contrariamente ó meu prexuizo topei bastantes interesantes as cousas que compartiron.
Triángulo de Amor Bizarro
Xa comentei en algunha ocasión (coido que aquí mesmo) que teño un desencanto crecente con Triángulo de Amor Bizarro. Pero o certo é que esta playlist reconciliame un chisco con eles. Descubro un montón de gustos comúns (que xa sospeitaba logo da escoita do seu último disco): Kraftwerk, Silver Apples, Konono #1,... E logo hai tamén bós descubrimentos, coma a canción de Gainsbourg, ... E ata unhas cantas sopresas desconcertantes/divertidas coma a do final.
La Casa Azul
Lo del Milkyway es sencillamente apabullante. Le piden un mixtape y pare una sesión de DJ de más de 2 horas... toda repleta de música japonesa, negra, brasileira, ... Unha verdadera enciclopedia. Es curioso que con lo mucho que me ha encantado toda esta selección, luego los discos de La Casa Azul no me parezcan gran cosa.
Pois eso que recomendo a visita a Número Cero para se queredes revisar as Mixtapes que hai e as que vaian aparecendo no futuro: