Drive - Masacre entre cabaleiros
Drive non é precisamente un peliculón (houbo máis dun momento que me deu vergonza allea do babosa e previsible que era), pero debeume deixar o suficientemente impresionado coma para escribir algo sobre ela (cousa que non fixeron outras películas este ano).
Algún de vos coñecedes a Jean Pierre Melville? Bueno, pois fixo alá entre os anos 50 e 60 en Francia uns cantos thrillers moi peculiares (que eu gosto moito). Recomendo del un trío: Cerce Rouge, Bob Le Flambeur e Le Samurai
Pois esta película é moi de Melville por unhas cantas cousas: porque o protagonista fala pouco, e porque hai gentlemens por todos lados. É moi chamativo que nesta pelícua, todos, ata os mais malvados, son xente de palabra, que non queren facer o mal, pero vense empuxado a elo.
No mundo no que vivimos, estaría ben ter xente de palabra.


